TRABALLIÑOS DE 1º

Hoxe ORIANA estivo traballando un montón.
Primeiro debuxou e coloreou unha árbore froiteira e logo escribiu as partes dunha planta.





Que bonito debuxo, quedouche xenial Oriana!

Despois plantou unha faba.


Deixou a faba en remollo unhas 3 horas.
Logo colleu unha maceta, botoulle terra, meteu a faba, tapouna con máis terra e regouna. Agora só ten que poñela ao Sol, regala de cando en vez e...ESPERAR! Seguro que en nada xa nos envía fotos do talo da nova planta.
Parabéns Oriana, fixéchelo moi ben.
Grazas por compartir o teu traballo connosco!

No hay comentarios:

Publicar un comentario