TAREFAS PARA MÉRCORES 29/4/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites
Como estades? Espero que todo ben.

Tarefas para mañá:

CN
- lectura páxina 106
- exercizos páx 106 nº 1, 2, 3, 4 e 5

MATEMÁTICAS
- páxina 152 nº 1 e 2

CS
- Propóñovos un reto para practicar o que levamos dado do tema 7. É o xogo de pasapalabra adaptado á historia do s. XIX e XX. Deberedes entrar no enlace: XOGO e poñer o código:
 238956 . Igual que no que fixemos polo día do libro, podedes entrar como invitado, poñendo o voso nome, ou ben rexistrarvos, é gratuíto. E...a xogar e practicar!

LINGUA
- Quero que me mandedes un correo electrónico onde me comentedes cal está sendo a vosa experiencia nesta etapa de confinamento. Recordade as partes que debe ter un correo: saúdo, desenvolvemento, despedida. O que vos digo sempre: non quero cinco frases nin un breve texto, nin textos de nenos de primeiro ou segundo. Estades en sexto, vale?

LENGUA
- realizar un test para que practiquedes a sintaxe. Deberedes entrar no seguinte enlace: XOGO.
E de aí a xogar e practicar!
Calquera dúbida escribídeme.

Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario