SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO PARA 1º CURSO


SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 1 DE MAIO
1.    Ver vídeo explicativo no seguinte enlace: https://youtu.be/_eb2ePVuY_E
2.   Facer páxinas 73, 74 e 75.
Como sei que a maioría xa tedes estas páxinas feitas propóñovos unhas actividades alternativas. Recordade que non son obrigatorias.
1.    Recoñecemos materiais ao tacto. Para este xogo precisades da axuda dun adulto. Collemos diferentes obxectos que teñamos pola casa, de diferentes texturas (la, algodón, papel, plástico, cartón ondulado, cortiza, metal, madeira...). Pedímoslle ao alumno que, cos ollos vendados, acariñe un dos obxectos ao tempo que identifica o material polas características que detecta ao tacto: se é duro ou brando, se se pode dobrar con facilidade, se é liso ou rugoso...
2.   Despois podedes clasificar eses obxectos nunha táboa como esta:
DE QUE MATERIAL ESTÁN FEITOS?
OBXECTOS
PROPIEDADES
LA


PLÁSTICO


MADEIRA


PAPEL


METAL



Xa sabedes, se queredes podédesme mandar algunha fotiño que subirei ao blog para compartila con todos os vosos compañeiros.
Moito ánimo rapaces!
Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario