ESTRENANDO CARPETA PARA MELLORAR A NOSA GRAFÍA

DESPOIS DISTO A NOSA LETRA VAI SER...

ESTUPENDAAAAAAAAAAAAA!

 

 






 

 

CANCIÓN DO ESQUELETO DO GRUPO GALEGO MIGALLAS

 

Para que poidades escoitar a calquera hora, dende as vosas casas a canción do esqueleto, aquí vos deixo o enlace e máis a letra.

https://youtu.be/p99I3wlyujE

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2020-2021

Benvidos a todos os nenos e nenas do CEIP de Cerdeiriñas.

Un ano máis, como todos os setembros, aquí estamos de novo con moita ilusión.

Este ano non ía ser menos e iso que nos topamos cunha situación moi difícil e extraordinaria.

Xuntos imos poder con isto.

Moito ánimo alumnos e alumnas e BENVIDOS!

DESPEDIDA DOS MESTRES PARA OS NOSOS ALUMNOS DE 6º

E aquí vos deixo o meu pequeno agasallo de fin de curso e etapa para un alumnado grande e auténtico.


Só me queda desexarvos moita sorte no instituto e na vida en xeral. Deséxovos tamén e sobre todo que sexades moi felices.

Ata sempre ALE, ANXO, ALBA, ÁLEX, NICO, CRIS, LUCAS, JESÚS, FABIÁN E SARAI.

MOITAS GRAZAS POR TODO.

Tiven un pequeno erro e non engadín á profe Laura, de música, póñovos agora o seu vídeo, que ela tamén se acordou de vós e vos quixo dedicar unhas palabras.
VÍDEO PROFE LAURA 

As miñas disculpas a Laura polo meu erro.
Un saúdo.

TAREFAS PARA XOVES 18/6/2020 PARA 6º CURSO

Hoxe gustaríame propoñervos estes divertidos experimentos:

EXPERIMENTO 1:




EXPERIMENTO 2:



EXPERIMENTO 3:



EXPERIMENTO 4:



SON MOI FACILIÑOS.
ESPERO QUE O PASEDES XENIAL!!!!
Unha aperta.

TAREFAS PARA MÉRCORES 17/6/2020 PARA 6º CURSO

E seguimos en Ons. Que tal o estades pasando?
Para mañá propóñovos dous experimentos caseiros moi faciliños. Son consciente de que facer papel reciclado é un traballo moi minucioso, pero púxenvolo para que saibades que se pode facer e o proceso.

EXPERIMENTO 1:




EXPERIMENTO 2:



 Espero que o esteades pasando ben con estes diferentes xogos e experimentos.
Unha aperta.





DESPEDIDA ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO


Ola! Que tal? Como estades?

Non me gustaría rematar esta andaina xuntos sen despedirme ata o vindeiro curso.


Un bicazo enorme a todos e todas.

TAREFAS PARA MARTES 16/6/2020 PARA 6º CURSO


EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA ÁS ILLAS ONS
(Actividades para o martes 16/6/2020)

E seguimos con máis actividades no camping.
Propóñovos facer papel reciclado na casa. Non é complicado pero si que precisades da axuda dun adulto.

Que necesitades?
-     Papel usado
-     Tesoiras
-     Un recipiente grande (unha tina)
-     Un batedor ou licuadora potente.
-     Un escurridor
-     Unha esponxa
-     Unha malla e telas vellas

PASOS A SEGUIR:
Cortar o papel en anacos pequenos.
Botar eses anacos de papel nun recipiente grande (tina) e engadir o dobre e auga quente que de papel. O ideal é deixalo a remollo un anaco para que o papel absorba ben a auga.
A continuación, mesturar todo ben e trituralo para conseguir unha pasta. Para iso necesitaremos un batedor ou unha licuadora potente.
Cando teñamos a pasta de papel lista, colocámola no escurridor e aclaramos con auga fría. Volvemos escurrir ben para eliminar o exceso de auga.
Agora é o momento de estender a pasta de papel nunha malla con axuda dunha culler. Dámoslle a forma e o tamaño desexado. Podedes axudarvos dun rodillo, se tedes.
Pasar unha esponxa para secar ben a auga.
Botar a folla nunha tea, previamente humedecida, e volver pasar a esponxa sen quitar a malla.
Despois debedes quitar a malla e tapar con outro anaco de tela para que o papel reciclado seque perfectamente por todos os seus lados. É recomendable poñerlle peso para evitar que quede ondulado. Incluso o podedes poñer a secar cunhas pinzas no propio tendal da roupa.
Despois dunhas horas ou incluso ao día seguinte, vai depender un pouco do tempo que vaia, xa teredes un bonito folio de papel reciclado caseiro. Agora xa o poderedes usar para pintar ou escribir enriba.
Debería quedar algo así:
 
revista bricura: ¿CÓMO HACER PAPEL RECICLADO?
 
 Animádevos, que é unha actividade moi divertida!