COMPROBACIÓN DA OXIDACIÓN


LUCAS intentou comprobar unha reacción química, concretamente a OXIDACIÓN.
para facer este experimento hai que ter en conta:
Materiais:
- 2 cravos que non sexan inoxidables - 2 vasos preferiblemente transparentes - Auga - Film transparente
Procedemento:
- Enchemos os vasos de auga
- Introducimos un cravo en cada vaso. É importante que quede parte do cravo sen mollarse.
- Un dos vasos debédelo tapar moi ben co film transparente para evitar que entre aire.
- Deixarémolo así durante unha semana
Durante esta semana anotaremos todos os días os cambios atopados  en ambos vasos.
A idea era anotar todos os días durante unha semana o que se fora visualizando.

No caso de Lucas pouca diferencia apreciou entre un vaso e outro, iso foi debido, seguramente, a que o vaso tapado non quedou ben tapado e entroulle aire, polo tanto osíxeno e oxidouse. 
CONCLUSIÓNS: o clavo do vaso aberto debería oxidarse e o do vaso tapado, ao non entrarlle osíxeno, debería estar intacto.

Este é o experimento de Lucas:



Moitas grazas Lucas, un moi bo traballo.

No caso de ALEJANDRA, ela non observou ningún cambio, seguramente debido a que os cravos son inoxidables. 
Alejandra fixo unha montaxe para explicar o proceso.


Grazas Alejandra, o que importa é todo o traballo pero mágoa que non puideras visualizar as conclusión do experimento.

ANXO tamén fixo o experimento e pasoulle un pouco como Lucas, seguramente o vaso tapado non quedou ben tapado e entrou osíxeno, producindo a OXIDACIÓN.





Moitas grazas Anxo polo teu traballo e grazas por compartilo connosco.




No hay comentarios:

Publicar un comentario