TAREFAS PARA VENRES 24/4/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites familias

Espero que todo siga ben.

Nesta semana, dende dirección mandáronsevos as novas orientacións tomadas pola Consellería de Educación, practicamente é todo igual ao xa comentado, o único sinalar a maiores que todo este traballo online vai ter a súa recompensa ou non nesta avaliación. Ningún neno poderá ter menos da nota máis baixa que teña ben na 1ª ou na 2ª avaliación, pero sí servirá para subir ou baixar nota. É dicir, se un alumno en lingua ten un 8 na 1ª avaliación e un 5 na 2ª, como mínimo na terceira terá un 5, non pode suspender, pero sí pode levar un 8 ou 9...en función do traballo online realizado.

Tarefas para mañá:

MATEMÁTICAS
- páx. 145, nº 11, 12 e 13
- o luns faremos unha pequena proba do tema 9. Aparecerán preguntas tipo test aínda que poderá aparecer algunha de resposta curta.

Calquera dúbida escribídeme.

Bo fin de semana a todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario