TAREFAS PARA LUNS 1/6/2020 PARA 5º CURSO

Boas noites, que tal estades? Espero que ben, seguro que disfrutando deste fin de semana tan caluroso que veu.
Recordade que mañá temos unha pequena proba do tema 8.
Calquera dúbida escribídeme.
Un saúdo.

TAREFAS PARA LUNS 1/6/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, espero que todos sigades ben e que o pasarades ben neste fin de semana tan caluroso.

Xa empezamos o mes de xuño, poucos días quedan xa de curso, estades a piques de rematar a etapa de primaria. Imos seguir repasando un chisquiño, parécevos?

MATEMÁTICAS
- repaso fraccións a través de snappet (vaivos poñer exame pero son simplemente exercizos, non o vou contar coma un exame).

LENGUA
- lectura páxina 190 e 191 e facer exercizo 11 da páxina 192.

LINGUA
- Repaso regras de acentuación a través de snappet.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

TRABALLIÑOS DE 1º


Esta semana os alumnos e alumnas de 1º estiveron aprendendo que hai un montón de máquinas que nos facilitan a vida cada día. E de toda esa gran cantidade de máquinas hai unas que son simples, que están formadas por poucas pezas, coma por exemplo unha tesoira e outras complexas que están formadas por moitas pezas coma un ordenador.
Mirade que táboas explicativas fixeron Oriana e Brais Míguez:

Táboa de Oriana

 Táboa de Brais.

Moitas grazas aos dous por compartir connosco os vosos traballiños.

TAREFAS PARA VENRES 28/5/2020 PARA 5º CURSO

Boas noites, que tal estades? Espero que todo siga ben.
As tarefas para mañá son:
- Repasar tema 8
- páxina 133, os exercizos 12, 15 e 16.
O luns teremos unha pequena proba tipo test do tema 8.
Calquera dúbida escribídeme.
Un saúdo

TAREFAS PARA VENRES 28/5/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal estades? Espero que todo siga ben.

As tarefas para mañá son:

MATEMÁTICAS

Exercizos a través de Snappet de:
- calcular a fracción dun número enteiro
- repaso do visto das fraccións.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

TAREFAS PARA XOVES 28/5/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal estades? Espero que disfrutando deste sol veraniego.

As tarefas para mañá son:

CS
- ler páxinas 130 e 131
- facer esquemas páxina 130:
. Ingreso de España na UE
. España, membro da UE

MATEMÁTICAS
- exercizos de repaso de multiplicacións e divisións vía snappet

LENGUA
- Quero que fagades un discurso de despedida, tendo en conta que sodes os alumnos maiores e os que abandonades este ano o cole. Modelo:


LINGUA
- Exercizos de repaso sobre a acentruación a través de snappet.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

TAREFAS PARA MÉRCORES 27/5/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal? Como estades?
Tarefas para mañá:

CS
- ler páxina 129, facer esquema (Os retos da UE) e o traballa coa imaxe.

CN
- repaso do tema 8 e os exercizos 3, 4 e 5 da páxina 118.

MATEMÁTICAS
- exercizos de sumar e restar fraccións que xa tedes enviadas en snappet.

LENGUA
- Ditado das normas de acentuación, que xa podedes facer vía snappet. Xa me contades despois se vos gusta este método ou preferides que volo dite eu.

LINGUA
- repaso dos determinantes tamén a través de snappet.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO PARA 2º PRIMARIA


SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Comezamos co tema 8:
-    Ver vídeo explicativo: https://youtu.be/Y113nSMqxdA
-    Facer do libro as páxinas 91, 92 e 93
ACTIVIDADES OPCIONAIS
-    Queredes saber cal é o voso peso noutros planetas. Entrade neste enlace: http://www.traducimos.cl/planet/ e a sorprenderse.
-    Podedes probar este xogo interactivo: http://www.curiosikid.com/attach/158/default/018.swf
Calquera dúbida escribídeme ao correo.
Unha aperta moi forte!

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO PARA 1º CURSO


SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Comezamos co tema 8:
-    Ver vídeo explicativo: https://youtu.be/KzAXpaAqn4E
-    Facer do libro as páxinas 83, 84 e 85.
ACTIVIDADES OPCIONAIS
Hai milleiros de máquinas simples e compostas. Imos cubrir unha táboa tipo esta con diferentes profesións e as máquinas que necesitan para levar a cabo o seu traballo.
PROFESIÓN
MÁQUINA QUE PRECISA PARA TRABALLAR
É SIMPLE OU COMPOSTA?
Peluquero ou peluquera
tesoiras


simple

E xa sabedes, se vos animades a facer esta ficha opcional, non dubidedes en mandarme fotiños para subilas ao blog.
Unha aperta moi forte!

TAREFAS PARA MARTES 26/5/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal?  Como estades?

Tarefas para mañá:

CS
- facer esquemas páxina 128:
1.- a construción da UE
2.- os logros da UE
Podedes consultar unha web sobre a UE para nenos que está moi ben (normalmente aparece en inglés pero podedes cambiar o idioma) WEB UE

CN
- ler páxinas 114 e 115 e MIRAR ESQUEMAS
- páxina 115 exercizo 3.

MATEMÁTICAS
- exercizos que xa vos subín mediante Snappet sobre a comparación de fraccións.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo
.

TAREFAS PARA LUNS 25/5/2020 PARA 5º CURSO

Boas noites, que tal estades? Que tal de fin de semana? Espero que todos sigades ben.

Tarefas para mañá:
- repaso tema 8
- exercizos 9 e 10 da páxina 132 e o número 11 da páxina 133.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

TAREFAS PARA LUNS 25/5/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal de fin de semana? Que tal seguides?
Dado que vos gustou a experiencia con snappet e a min tamén me parece interesante imos seguir traballando e repasando con esta aplicación. Se algún alumno non puidera acceder por non ter acceso a internet que me avise e envíolle traballo por medio de fichas ou actividades do libro.

Tarefas para mañá:

MATEMÁTICAS:
- actividades de repaso do tema 10 a través de Snappet.

LENGUA
- actividades de repaso das normas de acentuación,  a través tamén de Snappet. Son bastantes exercizos. Non é necesario facelos todos, pero por se hai nenos que lle apetece e poden, subín varios para que teñades esa opción. De todas formas son exercizos que se fan fácil porque na maioría soamente hai que marcar a opción correcta. Fixádevos á hora de facelos. 

LINGUA
- lectura do tema 12 e facer o exercizo 12 da páxina 180.

Calquera dúbida escribídeme.

Un saúdo.

TAREFAS PARA VENRES 22/5/2020 PARA 5º PRIMARIA

Boas noites, que tal estades? espero que todo ben.
As tarefas para mañá son:
- repasar tema 8
- páxina 132 o número 3 e 4
Calquera dúbida escribídeme.
Un saúdo e moi bo fin de semana.

TRABALLIÑOS DE 1º


Esta semana os alumnos de 1º tiñan que elaborar un cartel para poñer no cole para concienciar aos seus compañeiros da importancia de reciclar.
Marcos e Marina,igual que a súa compañeira Oriana, quixeron facer o seu propio cartel para poder colgar nas paredes do noso cole cando volvamos,




Moitas grazas aos dous!