ACTIVIDADES CIENCIAS DA NATUREZA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DO 2020


ACTIVIDADES CIENCIAS DA NATUREZA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL DO 2020



  • Ver vídeo repaso tema 6 no seguinte enlace: https://youtu.be/leZb73r6uNo
  • Debuxar unha planta e poñerlle as súas partes: raíz, talo (tronco), follas, flores e froitos.
  •  Se queredes podedes sembrar unha faba por exemplo. Como tedes que facer? Recordade:    Poñemos as fabas en auga unhas 3 ou 4 horas. Despois collemos unha maceta, botámoslle terra, poñemos a faba, máis ou menos na metade da maceta, volvemos botar terra ata arriba da maceta (sen presionar a terra)  e botámoslle  auga, non lle botedes moita, que non quede inundada. Despois poñédela onde se dea ben o sol, a claridade e a esperar... Recordade botarlle auga de vez en cando.

Non sei como ides co libro. Eu creo que está ben que o sigades facendo cando poidades. Non se trata de facer moito, se non de ler ben as lecturas e enunciados e responder correctamente. Se queredes que eu vos corrixa algo mandádeme foto ao correo electrónico mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com

Tamén me podedes mandar foto das plantas que fagades ou das fabas que cultivedes e eu súboas ao blog para que os vosos compañeiros as poidan ver.

Unha aperta e moito ánimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario