TAREFAS PARA MÉRCORES 1/4/2020

TAREFAS PARA MÉRCORES 1/4/2020

MATEMÁTICAS
- PÁX.137 Nº4

LINGUA
- ficha que enviarei por correo electrónico.

LENGUA
- ler páx 164
- lectura páx 165
- páx 165 nº 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7.

CN
- proba tipo test que será colgada no blog sobre as 11:30 e retirareina ás 12. Aquel alumno que non poida facela neste horario deberá avisarme. Intentádea facer soíños, sen mirar polo libro, prefiro que non estea perfecta pero que sí a fixerades vós.

CS
- estudar tema 6, recordade que o xoves, día 2 tamén vos farei unha pequena proba.

Xa vos mandei por correo electrónico as claves para descargar os libros electrónicos.

Un saúdo.

ESQUEMA RESTA SISTEMA SEXAGESIMAL

TAREFAS PARA MARTES 31/3/2020

TAREFAS PARA MARTES 31/3/2020

MATEMÁTICAS
- ver vídeo explicativo e esquema (mando enlace e esquema por correo electrónico)
- páx. 137, nº3
- páx. 142, nº1

CN
- ver esquema que vos mando por correo electrónico
- ler páx. 98 e 99
- facer ficha que tamén mando por correo. Estes exercizos son para despois de Semana Santa.
Dádelle un repaso ao tema 6 porque vos farei unha pequena proba o mércores.

CS
- Ver esquemas que vos mando por correo.
- ler páx. 111
- páx. 111, nº 1 e 2
Dádelle un repaso ao tema 6 porque o xoves vos farei unha pequena proba.

Estas probas van ser online, eu cólgovos a proba, vouvos dicir a hora e dependendo da mesma darei un tempo concreto para facela e logo xa a retiro. Se alguén non pode facela a esa hora que me avise por privado e xa acordamos un novo horario.

Un saúdo.

TAREFAS PARA LUNS 30/3/2020

TAREFAS PARA LUNS 30/3/2020

 MATEMÁTICAS
- ficha que será enviada por correo electrónico.

LINGUA CASTELÁ
- Ver conto "Yo voy conmigo" en
https://youtu.be/jrpxixzQ790 
Despois deberedes contestar á pregunta da contraportada do libro. Fixádevos en quen conta o conto, é Rozalén.

LINGUA GALEGA
 - Lectura comprensiva (mando por correo electrónico) Hai unha pregunta que é de colorear sobre o mapa, se non podedes imprimir a lectura, pois entón ese exercizo non o fagades.

Un saúdo e moitísimo ánimo.
Espero que todos e todas sigades ben.


ESQUEMAS SISTEMA SEXAGESIMAL

Déixovos outros esquemas do sistema sexagesimal, por se se entenden mellor que os anteriores e vos poden axudar.

TAREFAS PARA VENRES 27/3/2020

TAREFAS PARA VENRES 27/3/2020

MATEMÁTICAS
-ficha que enviarei por correo electrónico.
Déixovos tamén algúns acertixos matemáticos para o que lle apeteza probar a resolvelos.

Por esta semana nada máis, espero que teñades unha boa finde, dentro da situación que estamos a vivir, claro está  e sobre todo moitísimo ánimo.
Un saúdo.










EXPERIMENTO CN


TAREFAS PARA XOVES 23/3/2020

TAREFAS PARA XOVES 23/3/2020

MATEMÁTICAS
- Ver vídeo explicativo. Mando o enlace por correo electrónico.
- páx. 136, nº 1 e 2.

CS
- ler páx. 110 e mirar o esquema que vos mando vía correo electrónico tamén. Calquera dúbida avisade. Intentei sintetizarvos o máis importante do reinado de Alfonxo XIII.

LENGUA
- ficha que vos mando por correo electrónico

LINGUA
- ficha que tamén vos mando por correo electrónico.

Recordade dicirme aquelo que non entendades para intentar solucionar todas as dúbidas.

Un saúdo e moito ánimo.
Espero que todos sigades ben.

ENLACE XOGO CS

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_gl_ud15_seculoXIX/frame_prim.swf

Esquemas CD e CI

TAREFAS 25/3/2020

TAREFAS MÉRCORES 25/3/2020

MATEMÁTICAS
- páx 135 nº4

 LENGUA
 - mirar vídeo explicativo neste enlace: https://youtu.be/iGbEoGTe-6E
- páx. 159 nº2 e 3

 LINGUA
 - mándovos ficha por correo electrónico

CS
- para repasar o tema 6, podedes facer un xogo online neste enlace: http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_gl_ud15_seculoXIX/frame_prim.swf
- estudar tema 6
- Recordade que tedes o traballo de Goya ou Sorolla para entregar á volta.

CN
- mándovos esquema das dúas páxinas seguintes, mirádelo e ledes as páx. 96 e 97. Calquera cousa que non entendades preguntade.
- Propóñovos un experimento para facer na casa. Colledes un prato e botades unha pouca auga con sal, remexedes ben e deixades o prato coa mestura ao sol. A ver que pasa...Se queredes podedes gravar un vídeo ou sacar fotos e mandarmos, así cólgoos no blog para que o poidan ver os vosos compañeiros.

Quen se anima?
Unha aperta.

TAREFAS PARA MARTES 24/3/2020

TAREFAS PARA MARTES 24/3/2020

MATEMÁTICAS
- Como o vídeo deu erros e moitos non puidestes velo ata tarde, facedes o que viña para hoxe e ademais o cálculo mental da páxina 135. É moi doado. Tedes que sumar as partes enteiras e logo, a parte decimal queda tal cual está.

CIENCIAS DA NATUREZA
- Cólgovos un esquema no blog da páx. 94 e 95, lede esas dúas páxinas e mirade o esquema. Calquera dúbida preguntádema.
- Páx. 104, nº 1, 2 e 3.
- Repasade o tema 6

CIENCIAS SOCIAIS
- Cólgovos no blog unha ficha de repaso sobre a Pepa.
- Estudiade o tema 6.

Un saúdo e espero que todos e todas sigades ben.

ESQUEMA CN


A ENERXÍA é a razón de que ocorran cambios na natureza. A enerxía transfórmase, transfírese, almacénase e transpórtase.
TIPOS DE ENERXÍA:
-       MECÁNICA: é a que teñen os corpos en movemento.
Exemplos: deslizarse por un tobogán, o pedaleo dunha bicicleta…
-       QUÍMICA: enerxía que teñen algunhas substancias coma o combustible ou os alimentos.
Exemplos: a enerxía que gasta o noso corpo, queimar leña…
-       ELÉCTRICA: a enerxía que transporta a corrente eléctrica n circuíto.
Exemplo: una serra eléctrica que corta a madeira, os electrodomésticos que temos na casa.
-       LUMINOSA: é a enerxía da luz.
Exemplos:  algunhas calculadores funcionan mediante a luz solar, bombilla…
-       TÉRMICA (CALORÍFICA): é a enerxía que se transmite en forma de calor.
Exemplos:  o forno produce calor para cocer o pan, a chama ten enerxía térmica que transmite calor ao seu redor...
-       NUCLEAR: enerxía que teñen algunhas substancias como o uranio e o plutonio.
Exemplos: algúns submarinos empregan enerxía nuclear para impulsar os seus motores e renovar o osixeno do seu interior, a pila atómica…

FICHA CS



 

ESQUEMAS MASA, LONGITUD Y CAPACIDAD




ENLACE VÍDEO EXPLCATIVO PRIMEIRA PARTE DO TEMA 9 DE MATEMÁTICAS

Bos días
Mándovos o enlace para acceder ao vídeo explicativo da primeira parte do tema 9 de matemáticas. Espero que se vexa e se escoite perfectamente. Calquera cousa facédemo chegar por favor, grazas.
Enlace: https://youtu.be/Z3BfbuhepUc
Un saúdo.

TAREFAS LUNS 23/3/2020

TAREFAS PARA LUNS 23/3/2020
Que tal estades?
Esta semana imos empezar temas polo que vos intentarei mandar vídeos coas diferentes explicacións.
As tarefas para mañá son:

MATEMÁTICAS
Iniciamos tema 9. Ao longo da mañá mandareivos link para que vexades o vídeo explicativo.
- Páx. 134, nº 1 e 2

LENGUA
Busca en la lectura del tema 10:
- 2 sustantivos:          - 2 adjetivos:         - 2 artículos:         - 2 posesivos:     - 2 indefinidos:
- 2 adverbios:            - 2 demostrativos:          - 2 verbos:       - 2 conjunciones:      - 2 preposiciones:
Rodea los sujetos y subraya los predicados.
- María juega al baloncesto.
- Ayer fuimos de viaje.
- Hoy hace sol.
- Juegan tranquilamente los niños de infantil.
- Ayer mis padres fueron al cine.
Escribe dos oraciones con predicado verbal y otras dos con nominal.

LINGUA
- lectura tema 10 e facer un resumo da mesma.
Un saúdo.

TAREFAS PARA MÉRCORES 18/3/2020

TAREFAS PARA MÉRCORES 18/3/2020

MATEMÁTICAS
- páx. 145 nº 6, 7 e 8.

LENGUA CASTELLANA
- ficha 2
- lectura tema 10
- páx. 156 nº 9 (este exercizo non é preciso que mo enviededes. Debido a que é un exercizo de escrita será correxido á volta).

LINGUA GALEGA
- facer cómic
- ler páx. 142 (calquera dúbida me dicides)
- páx. 143 nº 4 e 5 (este último tampouco fai falla que mo enviedes porque será correxido á volta).

CIENCIAS DA NATUREZA
- estudar tema 6
- ler tema 7 completo

CIENCIAS SOCIAIS
- páx. 106 nº 5, 8 e 11
- estudar tema 6

Como o xoves é festivo e o venres non é lectivo para o noso cole, non mandarei máis actividades ata o luns.
Calquera cousiña non dubidedes en escribirme.
Un saúdo e moito ánimo para todos e todas.

TAREFAS PARA MARTES 17/3/2020

Boas tardes.
As tarefas para mañá martes 17/3/2020 son as seguintes:

MATEMÁTICAS:
- páx. 131 nº 10, 12 e 13.
Ademais deberedes facer na libreta estes exercizos:
1. Calcula:
15,776:6,8=
39,22:7,4=
20% de 60=
85% de 600=
2. Calcula el precio real de cada prenda, sabiendo que la tienda tiene una rebaja del 30% en todos sus artículos.
falda: 69euros            jerséy: 49 euros        zapatillas: 60 euros             pantalón: 75 euros         camisa: 54 euros

CIENCIAS DA NATUREZA
- páx. 87 nº 12 e 15
- facer test páx. 89
- estudar tema 6

CIENCIAS SOCIAIS
- páx. 104 nº 1 e 2
- páx. 106 nº 1, 2 e 4
- estudar tema 6
Calquera dúbida non teñades reparo en contactar comigo.
Un saúdo e moito ánimo.

TAREFAS A REALIZAR PARA O LUNS 16/3/2020

Boas tardes a todos e todas.
Espero que esteades todos ben.
As tarefas a realizar para mañá luns 16/3/2020 son as seguintes:
MATEMÁTICAS:
- páx. 131 nº 6, 7, 8 e 9.
- Ademais agradecería que me mandarades os exercizos que están pendentes de correxir do libro (páx. 129 nº11 e páx. 128 nº 6, 7 e 8)
LINGUA:
- exercizos que teñen escritos na libreta
- Ademais podedes facer algo do cómic que logo teredes que entregar á volta na cartulina.
LENGUA:
- ficha páx. 15
Moitas grazas e un saúdo.
Calquera dúbida podedes contactar comigo ben pola aplicación abalarMóbil, respondendo á mensaxe recibida ou a través do correo electrónico xa facilitado (mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com).
Recordade ler un pouquiño cada día en galego e castelán.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS


Con motivo do peche do centro, como medida preventiva polo coronavirus, póñome en contacto coas familias para sinalar as medidas a adoptar.  Os alumnos e alumnas levaron onte varias actividades para levar a cabo  na casa durante estes días. Estas actividades deberán realizarse de maneira paulatina, sendo distribuídas ao longo dos diferentes días, e non facelas todas xuntas. Agradecería que cando se vaian tendo feitas, lle saquedes unha foto cun móbil e mas enviedes ao correo mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com, para proceder á súa corrección.
Ademais solicitaría que esteades pendentes do blog: mestraprimariacerdeirinhas.blogspot.com e a aplicación  gratuita abalarMóbil, que recomendo baixedes nos vosos teléfonos. A través destes medios informarase de medidas a adoptar así como de novas tarefas a realizar tanto das miñas materias como das dos demais profesores. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo, ben chamando ao centro ou ben na dirección de correo electrónica facilitada.
Para comunicarnos:
-ABALAR MOBIL
-mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com
Unha aperta a todos e todas, PACIENCIA E CALMA!