TAREFAS PARA MARTES 9/6/2020 PARA 6º CURSO

Boas noites, que tal estades?
Varias cousiñas:
1.- O mércores 10 teredes a proba de CN do tema 8, será tipo test. Colgareina sobre as 11:30 e retirareina a iso das 12.
2- O xoves teredes unha proba de CS, do tema 8 que tamén será tipo test.
3.- Comezamos mañá a preparación para a excursión de fin de curso. Súbovos a continuación a información. As actividades propostas e realizadas deberédelas enviar ao meu correo para correxilas, como ata agora.
4.- Vou seguir subindo actividades de Matemáticas, Lingua e Lengua, na aplicación de snappet, para todos aqueles que queirades seguir repasando. Non son actividades obrigatorias, se non opcionais.
Calquera dúbida escribídeme.
Un saúdo.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA ÁS ILLAS ONS
(Actividades para o martes 9/6/2020)


Estades preparados??????? Imos organizar a nosa viaxe ás Illas Ons. As illas Ons forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, como ben vimos no libro de CS, grazas á súa biodiversidade tanto mariña como terrestre.
E primeiro lugar gustaríame que contestarades de maneira correcta a seguinte cuestión:
Que quere dicir que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas?

E xa, a continuación, antes de ir de viaxe debemos coñecer algo sobre ese lugar. Polo tanto, deberedes buscar información xeral sobre estas illas. Podedes tomar de referencia o seguinte cadro.

LOCALIZACIÓN

CONCELLO AO QUE PERTENCEN

PROVINCIA Á QUE PERTENCEN

ILLAS QUE A CONFORMAN

QUE VER NAS ILLAS ONS

ALGUNHA LENDA DA ZONA

COMIDA TÍPICA


Os ítems da táboa son só suxerencias. Debedes buscar información de interese, a nivel xeral. Para esta actividade deberedes ter en conta:
-       Podedes facer esta actividade en papel ou no ordenador.
-       Podedes incluír imaxes.
-       Como mínimo a actividade ocupará a cara dunha folla, no caso de facela a ordenador e unha folla enteira no caso de facela a man.
-       Non ten porque reflexar todos e cada un dos puntos da táboa e podedes incluír vós outros puntos que vos parezan interesantes (a táboa só e un exemplo).
Calquera dúbida escribídeme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario