TAREFAS PARA MARTES 16/6/2020 PARA 6º CURSO


EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA ÁS ILLAS ONS
(Actividades para o martes 16/6/2020)

E seguimos con máis actividades no camping.
Propóñovos facer papel reciclado na casa. Non é complicado pero si que precisades da axuda dun adulto.

Que necesitades?
-     Papel usado
-     Tesoiras
-     Un recipiente grande (unha tina)
-     Un batedor ou licuadora potente.
-     Un escurridor
-     Unha esponxa
-     Unha malla e telas vellas

PASOS A SEGUIR:
Cortar o papel en anacos pequenos.
Botar eses anacos de papel nun recipiente grande (tina) e engadir o dobre e auga quente que de papel. O ideal é deixalo a remollo un anaco para que o papel absorba ben a auga.
A continuación, mesturar todo ben e trituralo para conseguir unha pasta. Para iso necesitaremos un batedor ou unha licuadora potente.
Cando teñamos a pasta de papel lista, colocámola no escurridor e aclaramos con auga fría. Volvemos escurrir ben para eliminar o exceso de auga.
Agora é o momento de estender a pasta de papel nunha malla con axuda dunha culler. Dámoslle a forma e o tamaño desexado. Podedes axudarvos dun rodillo, se tedes.
Pasar unha esponxa para secar ben a auga.
Botar a folla nunha tea, previamente humedecida, e volver pasar a esponxa sen quitar a malla.
Despois debedes quitar a malla e tapar con outro anaco de tela para que o papel reciclado seque perfectamente por todos os seus lados. É recomendable poñerlle peso para evitar que quede ondulado. Incluso o podedes poñer a secar cunhas pinzas no propio tendal da roupa.
Despois dunhas horas ou incluso ao día seguinte, vai depender un pouco do tempo que vaia, xa teredes un bonito folio de papel reciclado caseiro. Agora xa o poderedes usar para pintar ou escribir enriba.
Debería quedar algo así:
 
revista bricura: ¿CÓMO HACER PAPEL RECICLADO?
 
 Animádevos, que é unha actividade moi divertida!

No hay comentarios:

Publicar un comentario