MATEMÁTICAS
- Como o vídeo deu erros e moitos non puidestes velo ata tarde, facedes o que viña para hoxe e ademais o cálculo mental da páxina 135. É moi doado. Tedes que sumar as partes enteiras e logo, a parte decimal queda tal cual está.
CIENCIAS DA NATUREZA
- Cólgovos un esquema no blog da páx. 94 e 95, lede esas dúas páxinas e mirade o esquema. Calquera dúbida preguntádema.
- Páx. 104, nº 1, 2 e 3.
- Repasade o tema 6
CIENCIAS SOCIAIS
- Cólgovos no blog unha ficha de repaso sobre a Pepa.
- Estudiade o tema 6.
Un saúdo e espero que todos e todas sigades ben.
ESQUEMA CN
A ENERXÍA é a razón de que
ocorran cambios na natureza. A enerxía transfórmase, transfírese, almacénase e
transpórtase.
TIPOS
DE ENERXÍA:
-
MECÁNICA: é a
que teñen os corpos en movemento.
Exemplos:
deslizarse por un tobogán, o pedaleo dunha bicicleta…
-
QUÍMICA:
enerxía que teñen algunhas substancias coma o combustible ou os alimentos.
Exemplos: a enerxía que gasta o noso corpo, queimar leña…
-
ELÉCTRICA: a
enerxía que transporta a corrente eléctrica n circuíto.
Exemplo: una serra eléctrica que corta a madeira, os
electrodomésticos que temos na casa.
-
LUMINOSA: é a
enerxía da luz.
Exemplos: algunhas
calculadores funcionan mediante a luz solar, bombilla…
-
TÉRMICA (CALORÍFICA): é a enerxía que se transmite en forma de calor.
Exemplos: o forno
produce calor para cocer o pan, a chama ten enerxía térmica que transmite calor
ao seu redor...
-
NUCLEAR:
enerxía que teñen algunhas substancias como o uranio e o plutonio.
Exemplos: algúns submarinos empregan enerxía nuclear para
impulsar os seus motores e renovar o osixeno do seu interior, a pila atómica…
FICHA CS
No hay comentarios:
Publicar un comentario