Con motivo do peche do centro, como medida preventiva
polo coronavirus, póñome en contacto coas familias para sinalar as medidas a
adoptar. Os alumnos e alumnas levaron
onte varias actividades para levar a cabo
na casa durante estes días. Estas actividades deberán realizarse de
maneira paulatina, sendo distribuídas ao longo dos diferentes días, e non
facelas todas xuntas. Agradecería que cando se vaian tendo feitas, lle saquedes
unha foto cun móbil e mas enviedes ao correo mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com,
para proceder á súa corrección.
Ademais solicitaría que esteades pendentes do blog:
mestraprimariacerdeirinhas.blogspot.com e a aplicación gratuita abalarMóbil, que recomendo baixedes
nos vosos teléfonos. A través destes medios informarase de medidas a adoptar
así como de novas tarefas a realizar tanto das miñas materias como das dos
demais profesores. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo, ben
chamando ao centro ou ben na dirección de correo electrónica facilitada.
Para comunicarnos:
-ABALAR MOBIL
-mestraprimariacerdeirinhas@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario