Esta semana os nenos de 1º tiñan un reto moi grande e difícil, facer papel reciclado na casa, sí sí, tal como o oídes, papel reciclado. Non é un proceso difícil pero si laborioso.
Oriana e os seus papás superaron con creces o reto.
Comentábame a súa mamá que o pasaron xenial na elaboración, e o resultado
foi espectacular. Dá gusto cando os papis intentades facer os diferentes
traballiños cos vosos fillos, os nenos aprenden e aínda por riba o pasades
xenial. Nestes casos, o meu obxectivo está máis que conseguido.
Moitas grazas a Oriana e aos seus papás!
No hay comentarios:
Publicar un comentario